O mércores 11 de febreiro publicouse no DOG a Resolución da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4.
As persoas interesadas poden realizar a inscrición, ata o 5 de marzo, en https://formacion-lingua.xunta.gal/ tanto para a modalidade presencial como en liña.




