
O profesor de Portugués no bacharelato do IES San Clemente, Carlos Callón, participou durante a segunda quincena de novembro de 2025 nunha estadía formativa na Escola Artística de Soares dos Reis, un centro público de referencia no ensino artístico especializado situado no Porto.
Esta actividade realizouse no marco do programa PIALE, que promove a mellora das competencias lingüísticas do profesorado e o coñecemento directo doutras realidades educativas. Ao longo da súa estadía, Carlos Callón puido asistir a aulas, coñecer metodoloxías innovadoras e observar tamén o funcionamento dos obradoiros profesionais que caracterizan esta prestixiosa escola portuguesa.
Esta acción fai parte do compromiso do IES San Clemente coa internacionalización e coa incorporación de novas perspectivas ao labor docente, contribuíndo a enriquecer o ensino de linguas no centro e a fortalecer as pontes entre Galiza e Portugal.




