ODS 10 e Neurodiverxencias

Durante o mes de novembro tivemos unha actividade encadrada no módulo de Sustentabilidade, relacionada co ODS 10: Redución das desigualdades.

A terapeuta Carla Mata falou co alumnado de 1SMR e 1ASIR sobre neurodiverxencias, co obxectivo de coñecernos mellor, eliminar prexuízos e mellorar a convivencia na escola, no traballo e na sociedade en xeral.

 

 

Compartimos aquí a presentación e o vídeo para ampliar esta formación ao alumnado de Sustentabilidade de 1DAM, 1DAW, a todos os grupos de distancia e a toda a comunidade educativa.