Os días 28, 29 e 30 de outubro celébrase en Silleda o 8º Campionato Galego de Formación Profesional – Galiciaskills 2025, campionato no que o IES San Clemente participa en dúas modalidades de competición:
| Modalidade | Participante | Titoría |
| TIC Administración de sistemas en rede | Martín Muíño Martínez | Víctor M. Martínez Taboada |
| Desenvolvemento Web | Sergio Bértolo Castro | Cristina París Brandariz |
Desexámoslles moita sorte e que disfruten da experiencia.

Alumnado e profesorado do IES San Clemente fixeron unha visita ao campionato o martes 28, asistindo os grupos de 1º ASIR e 1º DAM acompañados do profesorado Marcos Arias e José Lozano.









