• ?
  • Rexistro

Oferta de traballo para Desenvolvedor Web

A cooperativa de traballo NUMAX ofrece contrato indefinido a xornada completa para un desenvolvedor web.

A persoa que se incorpore ao equipo encargarase do desenvolvemento e mantemento de aplicacións web (en LaravelSymfonySylius), e o desenvolvemento e mantemento dalgunhas webs en WordPress.

Os coñecementos que nos gustaría que tivera a persoa a incorporar son:

  • Programación con algunha linguaxe orientada a obxectos. Idealmente tendo algunha experiencia con PHP e Javascript.
  • Traballo e xestión de bases de datos relacionais.
  • Traballo co sistema de control de versións Git.

Todo o detalle da oferta nesta ligazón.