• ?
  • Rexistro

Certificacións Oxford 2023

 

No ano 2022/2023 organizamos por primeira vez o exame de certificación “Oxford”, no noso IES.

Trátase dunha certificación oficial externa de inglés para alumnado preferentemente de PluriFP, pero non só.

Nesta ocasión participaron 22 persoas (21 estudantes e 1 profesor) das cales certificaron: 6 o nivel B1 e 16 o nivel B2.

 

No día 15 de marzo de 2023 realizamos un pequeno acto de entrega de diplomas.

 

 

Esta é unha das moitas oportunidades que ofrece o IES San Clemente relacionadas co programa PluriFP, que complementa a certificación na EOI, Trinity, Cambridge, Universidade de Lisboa, Instituto Camões, etc. Outras actividades relacionadas son as mobilidades Erasmus+ e os proxectos eTwinning con centros de FP estranxeiros.