• ?
  • Rexistro

Selección de persoas: Bolsas remuneradas, para formarse na Xerencia de Cooperativas|

SELECCIÓN DE PERSOAS:
Bolsas remuneradas para formarse na xerencia de cooperativas.

[ Programa Apoio á Función Xerencial en Cooperativas – Creando Mellora, 11ª edición ]

Prazo de solicitudes: 20 de febreiro de 2023.


Na Unión de Cooperativas EspazoCoop iniciamos o proceso de selección de persoas Bolseiras para participar nas Estadías en Cooperativas, no marco do Programa Apoio á Función Xerencial en Cooperativas – Creando Mellora, na súa 11 edición do ano 2023.

A convocatoria está dirixida a persoas preferentemente a mulleres en desemprego ata trinta anos con estudos na área empresarial.

Convócanse 4 Bolsas para as localidades de Vigo, O Carballiño, e A Coruña e Cesures, que darán a posibilidade de realizar unha Estadía en prácticas nunha cooperativa galega durante 6 meses para apoiar o ámbito xerencial e procesos de mellora.

As bolsas están dotadas cunha axuda económica mensual bruta de 700 €.

A previsión da duración da Estadía é de do 13 de marzo ao 11 de setembro de 2023 a razón de 25 horas semanais. As bolsas están vinculadas a un Programa Formativo teórico-práctico que vai paralelo á Estadía.

Sinalar que como parte do proceso de selección das Bolseiras (previo á Estadía), as candidatas pre-seleccionadas terán que realizar un curso de formación cooperativa semi-presencial, previsto do 27 de febreiro ao 6 de marzo de 20 h. (con dúas sesións presenciais en Santiago o 28 de febreiro e o 3 de marzo).

A Estadía en Prácticas ten por obxetivo analizar, deseñar, planificar e desenvolver accións de mellora na xestión da cooperativa. A persoa Bolseira e a Cooperativa contan ademais co apoio da mentoría e titorización de EspazoCoop, que se realiza en cordinación coa Cooperativa apoiando as súas necesidades e demandas.

Xa foron beneficiarias dunha Estadía en Prácticas nunha Cooperativa 54 persoas bolseiras ao longo do conxunto de tódalas edicións. As súas valoracións son moi positivas, contribuíndo á mellora da súa formación e a acadar experiencia que facilita a incorporación ao mundo laboral. Ademais de ser un programa diferenciador, xa que as persoas se especializan en materia cooperativa e nalgúns casos quedan vinculadas profesionalmente ao sector cooperativo e da economía social. Poderíase dicir que é un programa que crea “canteira” para o mundo cooperativo.

Información: Unión de Cooperativas EspazoCoop | 986 866 149 – roberto@espazo.coop | de luns a venres de 9-14 h.