• ?
  • Rexistro

Emprégate. Impulsa o teu talento emprendedor.

O luns 21 de novembro visitounos Eduardo Abad Sabarís, presidente de UPTA España (Unión de Profesionales y Trabajadores Autónomos). O alumnado do ciclo de Desenvolvemento de aplicacións web (DAW) do réxime ordinario e dual participaron na actividade “Emprégate. Impulsa o teu talento emprendedor“, organizada polo departamento de Formación e orientación laboral, e que tivo lugar no salón de actos do IES San Clemente.

Nesta actividade, Eduardo Abad Sabarís impartiu unha serie de charlas sobre o emprego e o emprendemento dirixida ao alumnado de Formación e orientación laboral e Empresa e iniciativa emprendedora do réxime ordinario e dual do ciclo de DAW.

Asimesmo, realizouse unha sesión de formación dirixida ao profesorado, sobre as novidades lexislativas no Réxime especial de traballadores autónomos (RETA). Esta sesión está cofinanciada polo Ministerio de Educación e pola UE – Fondos Next Generation.