• ?
  • Rexistro

Presentación da Aula Virtual de Emprendemento

Neste curso bota a andar no noso centro a Aula Virtual de Emprendemento.

É un programa dirixido ao alumnado do módulo de Empresa e Iniciativa Emprendedora (EIE) que está a darlle voltas á creación do seu propio negocio pero que ten dúbidas sobre os pasos a seguir e bota en falta unha titorización personalizada.

As actividades desenvoltas neste proxecto, están cofinanciadas polo Ministerio de Educación e Formación Profesional no marco do programa de Cooperación Territorial para o Crecemento Económico e Social e a Empregabilidade, e pola Unión Europea –NextGenerationEU.

O alumnado interesado en acceder ao programa debe contactar co seu profesorado de EIE.

Lembra, se ti non traballas polos teus soños, alguén che contratará para que traballes polos seus! (Steve Jobs)

Tes máis información no seguinte vídeo.