• ?
  • Rexistro

CESGA – Oferta emprego para Ciclos Superiores

Con este anuncio o CESGA quere dar a coñecer as súas ofertas de emprego que poidan ser de interese para o alumnado do voso centro.

Buscamos dúas persoas (ciclo superior ASIR, DAM, DAW ou plans anteriores equivalentes)  motivadas e proactivas para colaborar no desenvolvemento do proxecto europeo de I+D+i denominado EKT (Educational Knowledge Transfer), na área de e-learning do CESGA. O principal obxectivo do proxecto EKT é mellorar o apoio e a colaboración no proceso de aprendizaxe no período de prácticas dos futuros docentes.

A función principal dos candidatos a estes dous postos dentro do CESGA será colaborar no desenvolvemento dunha aplicación móbil, así como na súa integración e mantemento nunha plataforma de traballo por proxectos, que conta cunha implantación de Analítica da Aprendizaxe / Learning Analytics.

Enlace á oferta de emprego: https://www.cesga.es/gl/oferta-emprego-para-o-area-de-e-learning/