• ?
  • Rexistro

Oferta de emprego de Prefapp Cloud Consulting S.L.

Estamos buscando a xente que teña coñecementos básicos de desarrollo, coñeza git, traballara con pull requests, algo de práctica con linguaxes de tipado dinámico (Nodejs, python, go …) e que lle interese a automatización de tarefas que se poden entender como de “sistemas”:  fluxos e pipelines de verificación de código, generación da release,  integración e despliegue continuo, Infraestructura como código, GitOps, metodoloxía DevOps …
Entendemos que non é obrigatorio ter experiencia polo que tampouco ten moito sentido pedir nada de esto, só nocións básicas de desarrollo e que teñan interes en aprender sobre automatización CICD e Cloud, para irse formando na propia empresa.
Por outro lado, prefírese un empregado que poida estar a xornada completa, ainda que estamos abertos a que o empregado poida incorporarse a media xornada, para polo menos poder ir formándose nestes temas específicos.

Como PREFAPP nos adicamos principalmente a mellora da experiencia dos equipos de desarrollo (mellorar a productividade dos desarrolladores). Para esto definimos e implantamos prácticas de integración continua e continuous delivery nas empresas cas que traballamos.

Tecnoloxías cas que traballamos:
 Linux, Docker, Terraform,  Github & Github Actions , Kubernetes, Helm, nodejs, python, go

Lugar de traballo:  Traballamos 100% en remoto, aínda que dispoñermos de espacios en Santiago e Vigo, por si o traballador prefire vir ata a oficina

Email de contacto: info@prefapp.es