• ?
  • Rexistro

Novo servizo de vídeo titorías rápidas

Recentemente instalouse un novo sistema en probas para facer vídeo-titorías dun xeito rápido e con pouco alumnado (recoméndase menos de 30 persoas, pero depende da conexión). Se necesitades dun sistema máis robusto (para máis usuarios ou con opcións de gravación, etc.), recomendamos o Google Meet ou similar, e as vídeo-titorías da plataforma de bacharelato.

As webs https://jitsi.org e https://8×8.vc proporcionan este mesmo sistema de vídeo-conferencia (polo que se nalgún momento falla o servizo do IES San Clemente poderedes empregar calquera dos enlaces anteriores).

É unha ferramenta moi cómoda para solucionar problemas dun xeito rápido, xa que o alumnado se conecta ao enderezo web que indique a/o docente e poderá compartir a súa pantalla ou xanela da aplicación na que necesite axuda, e poderedes falar e buscar solucións aos problemas.

Para empregar este servizo non é necesario rexistrarse nin iniciar sesión, é un servizo aberto a calquera tipo de alumnado e profesorado sen restricións.

  • Recoméndase empregar navegadores de Internet actualizados (recomendan Google Chrome, aínda que con Firefox tamén funciona perfectamente).