• ?
  • Rexistro

Medalla de ouro no GaliciaSkills 2018

O alumno Alejandro Buján Pampin de 1º do CS Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma acadou a medalla de ouro na proba Administración de Sistemas en Rede no V Campionato Galego de Formación Profesional –  GaliciaSkills 2018.

Como gañador, Alejandro representará a Galicia no campionato nacional de Formación Profesional SpainSkills que se celebrarán en Madrid no primeiro trimestre de 2019.

Ao finalizar o acto de entrega de medallas a directora do IES San Clemente, Carmen Viñas Álvarez, felicitou aos participantes e agradeceulles o esforzo realizado para preparar a competición. Tamén lles recordou a importancia da aprendizaxe de linguas estranxeiras, máis concretamente o inglés, xunto aos coñecementos técnicos necesarios para mellorar as súas opcións no futuro laboral.

Carmen Viñas, directora do IES San Clemente, cos participantes no skill Administración de sistemas en rede: Cristian González (IES Pazo da Mercé), Manuel González (CIFP A Carballeira – Marcos Valcárcel), Daniel Grela (IES Isidro Parga Pondal), Alejandro Buján (IES San Clemente), Hugo Méndez (CPR Plurilingüe Montecastelo) e Gustavo Lema (IES Universidade Laboral).

Participantes e xurado do skill Administración de sistemas en rede: Gustavo Lema e Daniel Ríos (IES Universidade Laboral), Hugo Méndez e Enrique Prieto (CPR Plurilingüe Montecastelo), Alejandro Buján, Bruno Vila e Víctor M. Martínez (IES San Clemente), Daniel Grela e Diego Terrón (IES Isidro Parga Pondal), Cristian González e Lurdes Docampo (IES Pazo da Mercé) e Manuel González e Julio Mosquera (CIFP A Carballeira – Marcos Valcárcel).

O IES San Clemente tamén participou no skill Solucións de sofware para empresas, no que Iván Rodríguez, do CIFP A Carballeira – Marcos Valcárcel, acadou a medalla de ouro.

Participantes e xurado do skill Solucións de sofware para empresas: Carlos Bello, Germán Diez e Roberto Romero (CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro), Iván Rodríguez e Mª Luz Amaro (CIFP A Carballeira – Marcos Valcárcel), Adrián Rico e Eva Pereira (IES San Clemente) e Miguel Pérez e Iván García (IES A Pinguela).