Cursos CISCO na Aula Mentor Xaneiro 2026

Convocatoria cursos CISCO CCNA e CyberOps


!! PRAZO DE MATRICULACIÓN ABERTO !!


Informámosvos que está aberto o período de matriculación nos cursos oficiais de CISCO:

CCNA 7 y CyberOps Associate ata o próximo 6 de febreiro do 2026

English for IT 1 y 2 ata o próximo 13 de febreiro do 2026

Comezo dos cursos: 6 e 9 de febreiro, respectivamente

Os cursos que se ofertan son os seguintes:

  • CCNA v7: Certificación Académica CISCO en redes de computadores. Dita certificación na versión 7 consta de 3 módulos, tendo cada módulo unha duración de 5 meses. Á súa vez, os alumnos que desexen completar cada módulo deberán manter activa a súa matrícula durante os cinco meses sinalados. Para poder cursar o módulo 2 é necesario ter previamente o módulo 1 e para poder cursar o módulo 3 é necesario ter previamente o módulo 2 cursado.
    • Módulo 1 CCNA v7: O obxectivo do curso é presentar os conceptos e tecnoloxías básicas de rede, desenvolvendo competencias necesarias para planificar e implementar redes pequenas. Descargue o programa do CCNA7 módulo 1 aquí. Duración de 5 meses.
    • Módulo 2 CCNA v7: Neste curso veranse os conceptos básicos de conmutación e encamiñamento dunha rede; axudando a planificar e implementar pequenas redes, incorporando unha gran variedade de aplicacións. Descargue o programa do CCNA7 módulo 2 aquí. Duración de 5 meses.
    • Módulo 3 CCNA v7: O obxectivo deste curso é presentar os conceptos e tecnoloxías básicas de redes; axudando a desenvolver as aptitudes necesarias para planificar e implementar redes pequenas. Descargue o programa do CCNA7 módulo 3 aquí. Duración de 5 meses.
  • CCNA  CyberOps Associate: O curso formará aos alumnos en destrezas para coñecer as vulnerabilidades que se producen en Ciberseguridade, os sistemas operativos que utilizan; detectar os tipos de ataque, os métodos que utilizan; protexer os datos persoais, os corporativos, todas as infraestruturas, etc.  É recomendable que o alumnado teña coñecementos básicos dos sistemas operativos Linux e Windows, coñecemento de redes equivalente aos módulos 1 e 2 de CCNA. Descargue o programa de CyberOps Associate aquí. Duración de 5 meses.
  • English for IT 1: Este é o primeiro de dous cursos que, en conxunto, ensinan inglés no contexto das TI. O curso céntrase na terminoloxía e nas frases empregadas no sector, abranguendo gramática, vocabulario, exercicios de lectura e comprensión auditiva para que adquiras as habilidades de inglés necesarias no ámbito das TI.

  • English for IT 2: Está deseñado para estudantes cun nivel de inglés intermedio-alto (B1+) que estean preparados para temas e escenarios profesionais máis complexos no mundo tecnolóxico. Quizais te sintas cómodo participando en reunións ou escribindo correos electrónicos de traballo, pero che resulte difícil explicar solucións técnicas en detalle, comprender plenamente debates dinámicos sobre novos proxectos de TI ou participar na resolución de problemas de alto nivel. Este curso axúdache a desenvolver a linguaxe avanzada necesaria para estas situacións, centrándose en temas de TI do mundo real e no teu crecemento profesional.

PRAZOS DE MATRICULACIÓN: (por riguroso orden de inscrición ata esgotar prazas)

  • MATRICULACIÓN: ata o 6 e o 13 de febreiro de 2026.
  • COMEZO DOS CURSOS: 6 e 9 de febreiro do 2026.

PROCEDEMENTO DE MATRICULACIÓN: os cursos CISCO ofertados dentro do programa Mentor, conlevan o mesmo custo mensual que o resto dos cursos, pero neste caso seguen unha planificación establecida cunha duración de 5 meses os cursos CCNAv7, CCNA  CyberOps Associate, o que conleva un prezo pechado dos mesmos de 120€.

No devandito prezo está incluída a posibilidade de obter a certificación oficial do curso correspondente, realizando o exame presencial no IES San Clemente.

Hai 2 opcións de pago á hora de facer a matrícula:

A. Pago único coa totalidade do prezo de cada curso:

  • CCNA:
    • Módulo 1 CCNA v7: 120€ (duración 5 meses)
    • Módulo 2 CCNA v7: 120€ (duración 5 meses)
    • Módulo 3 CCNA v7: 120€ (duración 5 meses)
  • CyberOps Associate: 120€ (duración 5 meses)
  • English for IT 1: 96 € (4 meses).
  • English for IT 2: 96 € (4 meses).

B. Ou ben pago fraccionado en 2 partes: o pago inicial será coincidente ao resto dos cursos Mentor (48€ / 2 meses), e posteriormente teredes que facer unha recarga co resto do custo (72€ / 3 meses restantes ou 48 / 2 meses restantes) antes de que de comezo o terceiro mes do curso (utilízase o mesmo formulario que o de matrícula para facer recargas).

  • CCNA v.7:
    • Módulo 1 CCNA v7: pago inicial 48€ (2 meses) + recarga de 72€ (3 meses restantes)
    • Módulo 2 CCNA v7: pago inicial 48€ (2 meses) + recarga de 72€ (3 meses restantes)
    • Módulo 3 CCNA v7: pago inicial 48€ (2 meses) + recarga de 72€ (3 meses restantes)
    • CyberOps Associate: pago inicial 48€ (2 meses) + recarga de 72€ (3 meses restantes)
    • English for IT 1: 48 € (2 meses) + recarga de 48 € (2 meses)
    • English for IT 2: 48 € (2 meses) + recarga de 48 € (2 meses)

A matrícula, como en todos os cursos Mentor, podédela facer desde aquí, totalmente en liña:

Descarga de PDF’s informativos:

 

Preguntade calquera dúbida en:

santiagodecompostela@aulamentor.es

ou chamando ao número 881 867 525.