IES San Clemente
  • entrar
  • ?
  • Rexistro

informática

novas

Visita congreso FP Innova

O pasado venres 27 de abril o alumnado de 1º DAM Ordinario e 1º ASIR Ordinario visitou o Congreso FP Innova Galicia 2018, congreso de innovación na Formación Profesional. Á visita acompañáronos Carmen Viñas Álvarez, a directora do centro, e os profesores Víctor Manuel Martínez Taboada, Ana González Novoa e Cristina París Brandariz.

No congreso expoñíanse proxectos de innovación, proxectos de miniempresas no marco do Plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia (eduemprende) e podíase experimentar en primeira persoa as novas tecnoloxías participando en diversos obradoiros.

Nun dos proxectos presentados, “IN23 – Equipamentos de medición da eficiencia enerxética”, colaboran os profesores do San Clemente Rafael Veiga Cid e Manuel Vieites Rodríguez. Este proxecto de Innovación foi premiado na resolución do 9 de maio de 2017 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se resolven os premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da Formación Profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, onde se impartan ensinanzas de Formación Profesional, convocados na resolución 22 de decembro de 2016.

Máis información sobre o proxecto: