• ?
  • Rexistro

Exames finais de 2º de bacharelato en maio

BACHARELATO

Os exames finais de 2º de bacharelato terán lugar os días 3 e 8 de maio, tal e como figura no calendario do curso. O día 3 celebraranse os exames correspondentes ao xoves e o día 8 os exames dos martes.

O horario das probas é o mesmo que o das distintas avaliacións:

Xoves 3 de maio Martes 8 de maio
09,30h Historia da arte
Bioloxía
Lingua castelá e literatura II
11,00h Matemáticas II
Matemáticas aplicadas ás CC.SS. II
Latín II
Historia de España
12,30h Ciencias da Terra
Historia da música e da danza
2ª lingua estranxeira II: francés
2ª lingua estranxeira II: portugués
Lingua galega e literatura II
16,00h Xeografía
Física
Xeoloxía
T.I.C. II
Historia da filosofía
Debuxo técnico II
Grego II
17,30 Relixión (2º)
Química
Economía da empresa
Lingua estranxeira II: inglés
Lingua estranxeira II: francés

 

Os exames terán lugar nas sedes habituais: o IES San Clemente de Santiago, e nas EPAs de A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo e Ferrol, ademais de no IES Monte Castelo de Burela.