• ?
  • Rexistro

Medalla de Ouro no GaliciaSkills 2016

O alumno Milan Cornado Rodríguez de 2º do CS Administración de Sistemas Informáticos acadou a medalla de ouro na proba Administración de Sistemas en Rede no IV Campionato Galego de Formación Profesional – GaliciaSkills 2016. O resultado final da proba foi:

Participante Centro Titor
Milan Cornado Rodríguez – Primeiro premio IES San Clemente Bruno Vila Vilariño
Eloy Figueiras González – Segundo premio IES Isidro Parga Pondal Diego Terrón del Valle
Jorge Enrique Acosta López IES A Pinguela Javier Rodríguez Lorenzo
Xabier Conde Acevedo CIFP A Carballeira Julio Mosquera González

Como gañador, Milan representará a Galicia no campionato nacional de Formación Profesional SpainSkills que se celebrarán en Madrid do 27 de febreiro ao 4 de marzo de 2017.

Vídeo da entrega de premios.

Galería coas fotos da visita que realizaron os compañeiros de Milan, acompañados polo profesor Manuel Vieites, o xoves 1 de decembro a Silleda para seguir as competicións do GaliciaSkills que se desenvolveron no pavillón 2 da Feira Internacional de Galicia.

A proba desenvolveuse baixo a supervisión do profesor do IES San Clemente Víctor M. Martínez Taboada que quere agradecer a colaboración da empresas patrocinadoras para que esta proba saíra adiante: