• ?
  • Rexistro

Cualificacións da proba libre de Bacharelato

A partires do mércores 4 de maio a presidencia do tribunal fará pública a listaxe provisional de persoas avaliadas coas cualificacións positivas, por exercicios, no taboleiro de anuncios do centro en que se realizou a matrícula.

Dende o luns día 9 de maio ata o mércores 11 de maio ás 13:00h aquel alumnado que discrepe coa cualificación obtida en calquera dos exercicios poderá presentar unha reclamación por escrito dirixida á presidenta do tribunal na secretaría do IES San Clemente explicando o motivo da reclamación.

O mércores 20 de maio publicaranse as cualificacións definitivas.

Para maior información: Servizo de Xestión Económica e Educación de Persoas Adultas

  • Correo electrónico: educadultos@edu.xunta.es
  • Teléfono: 981546549