• ?
  • Rexistro

Exames da proba libre de bacharelato 2015

1. As probas terán lugar o día 24 de abril de 2015, en sesións de mañá e tarde, no IES San Clemente de Santiago de Compostela.
2. Entre as 8.30 e as 9.00 horas realizarase o chamamento para o acceso aos espazos de realización da proba. Os aspirantes identificaranse debidamente antes de entrar neles.
3. A sesión da mañá durará das 9.00 ás 14.30 horas e dedicarase á realización do exercicio correspondente ás materias comúns. Organizarase en dous períodos:

  • Primeiro, das 9.00 ás 12.00 horas: realizaranse os exames correspondentes ás materias comúns Lingua galega e literatura (I e II) e Lingua castelá e literatura (I e II). Ao comezo deste período, o tribunal repartirá entre os aspirantes os protocolos de exames correspondentes a ambas as linguas, para que estes dosifiquen o tempo dispoñible de acordo coas súas preferencias.
  • Segundo período, das 12.30 ás 14.30: realizaranse os exames correspondentes a Lingua estranxeira (I e II) e cuestións de Ciencias para o mundo contemporáneo, Filosofía e cidadanía, Historia da Filosofía e Historia de España. Igualmente, ao comezo deste período, o tribunal repartirá entre os aspirantes os dous protocolos de exames para que estes dosifiquen o tempo dispoñible de acordo coas súas preferencias.

4. A sesión da tarde dedicarase á realización do exercicio das materias de modalidade, de acordo coas especificacións do anexo IV, e durará das 16.30 ás 20.30 horas. Organizarase en tres períodos:

  • Primeiro, das 16.30 ás 18.00 horas: realizarase a parte ou o exame correspondente ás materias de modalidade obrigatorias.
  • Segundo, das 18.00 ás 19.00 horas: realizarase a parte segunda das probas de modalidade. Os aspirantes escollerán unha entre as dúas opcións sinaladas para esa segunda parte na modalidade de Humanidades e ciencias sociais ou unha entre as catro opcións da modalidade de Ciencias e tecnoloxía.
  • Terceiro, das 19.30 ás 20.30: realizarase a parte terceira das probas de modalidade. Os aspirantes escollerán unha entre as tres opcións sinaladas para a terceira parte na modalidade de Humanidades e ciencias sociais ou unha entre as tres opcións sinaladas para a modalidade de Ciencias e tecnoloxía.

5. Os aspirantes poderán utilizar os seguintes materiais na realización da proba:
a)  Nas  materias  que  implican  operacións  numéricas  (exames  con  contidos  de  matemáticas, matemáticas aplicadas ás ciencias sociais, física e química, física, química, electrotecnia, tecnoloxía industrial e economía) poderán utilizar unha calculadora científica, agás as que sexan programables, gráficas ou con capacidade para almacenar e transmitir datos.
b) Nas materias de latín e grego, dicionario desas linguas.
c) Na materia de debuxo técnico, portaminas ou lapis, goma, regra milimetrada, escuadro, cartabón e compás.
Os aspirantes non poderán utilizar durante a realización da proba teléfono móbil nin calquera outro dispositivo de almacenamento ou transmisión de datos.

Listaxe definitiva de admitidos e excluidos