• ?
  • Rexistro

O IES San Clemente convoca o I Concurso de postais de Nadal.

BASES DO CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL.

A. O IES San Clemente de Santiago de Compostela convoca o I Concurso de postais
de Nadal.
B. Poderán participar os alumnos e alumnas do centro nas distintas modalidades
(ESO a distancia, Bacharelato a distancia e Ciclos Formativos).
C. Tema: “O Nadal”.
D. As postais realizaranse sobre cartolina branca tamaño A5. O deseño será libre e
deberá incluír algún desexo ou mensaxe para o ano 2011 en lingua galega. A
técnica empregada será libre (cor, branco e negro, collage, ceras…).
E. A postal irá asinada polo alumnado. No reverso será imprescindible indicar o
nome, apelidos e curso do participante. Será condición indispensable que os
traballos sexan orixinais e inéditos.
F. O prazo de admisión das postais será até o 3 de decembro ás 12 horas,
remitíndose por correo ordinario ao seguinte enderezo: IES San Clemente, Rúa
San Clemente S/N, 15705, Santiago de Compostela. Tamén se poden entregar na
Conserxaría do Centro.
G. Haberá un primeiro premio por valor de 100 € en material escolar e informático, e
un segundo por valor de 75 €, tamén en material escolar e informático. Os traballos
premiados publicaranse na web do instituto.
H. O Instituto San Clemente poderá realizar unha exposición con todos os traballos
presentados a concurso e utilizar a postal do 1o premio para enviar como
felicitación aos distintos membros da comunidade educativo e externos ao Centro.
I. O xurado estará composto por persoas relacionadas co mundo do ensino e poderá
incluír membros externos ao centro.
J. O veredicto do xurado, que será inapelable, darase a coñecer na terceira semana de
decembro.
K. A participación no Concurso supón a aceptación destas bases.