• ?
  • Rexistro

Probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos

A resolución do 22 de abril de 2010, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria
obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de xuño e setembro e se ditan instrucións para a súa realización.

Características fundamentais da convocatoria

– A matrícula só se poderá realizar nas oficinas do centro educativo do 18 ao 28 de maio.
– O alumnado deberá ter cumpridos os 18 anos o día anterior á data da proba.
– A proba dividirase en tres ámbitos: científico- tecnolóxico, social e comunicación.
– Para a asistenciaá proba o alumnado deberá presentar DNI ou pasaporte.O alumnado que teña aprobadas con anterioridades algún dos ámbitos, ou todas as materias dalgún ámbito, de 4º da ESO quedarán dispensados de facer as probas de ditos ámbitos. Ditos aprobados deberán acreditalos documentalmente no momento da matrícula.

Pulsa aquí para ter máis información e exames doutras convocatorias