• ?
  • Rexistro

Anuncio: Relatorio sobre doazón de órganos

Anuncio: Relatorio sobre doazón de órganos
O próximo día 17 ás 12:00 virá persoal do SERGAS a falarnos sobre doazón e transplante de órganos, dentro do marco do Plan Proxecta Salvavidas, iniciativa do EDLG, no que participan o profesorado e o alumnado de 1º e 2º SMR. Hai un límite de 20 prazas para asistentes de...

Gañadores do V Concurso de felicitacións de aninovo

Finalizado o prazo de presentación de traballos para o V Concurso de felicitacións de aninovo, estas son as postais admitidas. Fallo do xurado: 1º premio: Balbina Tarrío Mangas de 2º bacharelato - Bótalle un sorriso ó 2015. 2º premio: Adrián Rico Castro de 1º SMR - Este ano chegarás moi lonxe. 3º premio:...

Concursos da Consellaría de Educación

A Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da SXPL e o Colectivo Xelmírez, convoca dous concursos: III Certame de Banda Deseñada "AXI" para alumnado de ESO, bacharelato e FP III Premio de Ensaio Subversivo "Guillermo Domínguez" para alumnado de bacharelato

V Concurso de felicitacións de aninovo

V Concurso de felicitacións de aninovo O IES San Clemente de Santiago de Compostela convoca o V Concurso de felicitacións de aninovo . Poderán participar os alumnos e alumnas do centro nas distintas modalidades (ESO a distancia, Bacharelato a distancia e Ciclos Formativos). Tema: “O aninovo”. As postais realizaranse sobre cartolina branca...

Galicia Le

Galicia Le
Para que lea Galicia enteira e evitar os problemas que causa a dispersión, como o difícil acceso que teñen moitas persoas ás bibliotecas, a Consellaría de Cultura creou este servizo de préstamo de libros dixitais. www.galiciale.es   Probádeo e dicídenos que vos parece.  

Concurso fotográfico Imaxes con Fondo

Concurso fotográfico Imaxes con Fondo
Se es capaz de combinar unha fotografía cun texto en galego de 140 caracteres (un tweet), podes participar, sensibilizar e gañar un premio! O EDLG do IES San Clemente convídavos a participar no II Concurso fotográfico Imaxes con Fondo. O prazo finaliza o 15 de novembro de 2014.  

Galeguía

Galeguía
Imaxe de www.redeangola.info   Compartimos convosco as reflexións da cantante angolana Aline Fração nun artigo orixinal, atrevido e didáctico: Trocar a Lusofonia pela Galeguia  

O mundial fala galego

Compartimos dous vídeos moi orixinais e divertidos sobre o galego internacional Máis información sobre esta iniciativa.

Resolución do IV Concurso Europeo de Marcapáxinas

O xurado do IV Concurso Europeo de Marcapáxinas acordou conceder os seguintes premios: 1º premio (100 €): Sarai Outeiral Ces - IES Praia Barraña, Boiro, España 2º premio (75 €): Mariana Pinto e Rita Vieira - Escola secundaria Carlos Amarante, Braga, Portugal 3º premio (50 €): Raúl Cañas Sáez- IES Rey Don...

Resolución do XXVII Concurso Literario do IES San Clemente

O xurado do XXVII Concurso Literario do IES San Clemente acordou conceder os seguintes premios. Modalidade relato: 1º premio (100 €): Flores no estrume, de Rita Barreiro Ferreira (2º BACH) Modalidade poesía: 1º premio (100 €): Estrutura, de Xacobe Gómez Vázquez (DAM 1) 2º premio (75 €): Soños dun mariñeiro, de Enrique Manuel Moure González (2º SMR)