• ?
  • Rexistro

VI Concurso de felicitacións de Aninovo – Entrega de premios

O pasado venres 18 de decembro de 2015, antes da entrega de boletíns e de iniciar as tan merecidas vacacións de Nadal, fixemos un pequeno acto de entrega de premios do VI Concurso de felicitacións de Aninovo ao que asistiu o alumnado de 1ºSMR e 2ºSMR xunto con docentes do EDLG.

Entre outras cousas, falamos da importancia do uso do galego sen complexos. Neste caso, as felicitacións en lingua galega do alumnado de 1ºSMR, foron enviadas a varios centros europeos participantes no proxecto eTwinning Chistmas Card Exchange.

Tamén falamos do instituto como lugar de adestramento das capacidades, entre elas a creatividade, non só no ámbito artístico senón tamén no ámbito informático e laboral.

20151218_101640

Na foto podemos ver aos gañadores do concurso: Adrián, Cristian, Gabriel e David.

Máis información: Gañadores do VI Concurso de felicitacións de Aninovo