O Conselleiro de Educación, Román Rodríguez, visita o IES San Clemente

Este martes 29, o Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, acompañado pola directora xeral de FP, Eugenia Pérez, e polo xefe do Departamento Territorial de A Coruña, José Santiago Freire, visitou o Instituto San Clemente para coñecer as novas titulacións ofertadas para este curso 2026/27, que cubriron toda a matrícula, e poñer en valor a oferta formativa a distancia deste curso.

 

A oferta educativa deste ano vén marcada por dous novos másteres de Formación Profesional impartidos a distancia:

  • Aprendizaxe automática: xestión de datos e adestramento (pertencente á nova familia de Intelixencia Artificial e Data).
  • Despregamento de produtos de software en contedores.

Estas formacións capacitan aos alumnos para exercer profesións cunha enorme demanda por parte das empresas hoxe en día, tales como técnicos en analítica de datos, integradores de sistemas de información, expertos en solucións na nube ou desenvolvedores DevOps.

O Instituto San Clemente reafirmase como o centro de referencia en Galicia para os estudos a distancia (ESO, Bacharelato e FP). Actualmente, conta con máis de 900 alumnos en ciclos, 200 en cursos de especialización, e 800 entre a ESO e o Bacharelato para persoas adultas a distancia.

Na súa visita, o Conselleiro subliñou a importancia da educación a distancia como unha ferramenta fundamental para que a cidadanía poida especializarse, actualizar os seus coñecementos e mellorar a súa empregabilidade, compatibilizándoo coa súa vida persoal e profesional.