• ?
  • Rexistro

Publicación cualificacións provisionais da Proba Libre de Bacharelato

Na seguinte ligazón pódense descargar as cualificacións provisionais da Proba libre de Bacharelato celebrada no IES San Clemente o pasado 28 de abril de 2023: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/39839

Contra estas cualificacións, poderase presentar reclamación por escrito dirixida á Presidencia do tribunal no propio IES San Clemente dende o xoves 11 ata o luns 15 de maio ás 13:00 h segundo o seguinte modelo.

Estas reclamacións deben explicar o motivo da reclamación e estarán debidamente asinadas polo interesado ou interesada.

O xoves 18 de maio publicaranse as cualificacións definitivas.