• ?
  • Rexistro

Reto CTF de ciberseguridade

Este venres, dende as 15,30h, os docentes de ciberseguridade dos centros IES San Clemente de Santiago e CIFP Rodolfo Ucha de Ferrol, organizan un novo reto CTF de análise forense en Windows, dentro do proxecto “Plataforma de retos de ciberseguridade. A gamificación no proceso de adquisición de competencias no ámbito da ciberseguridade”, financiado na convocatoria de premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación na FP do ano 2022.

A partir do volcado da memoria RAM, e dunha imaxe de disco duro, investiga e descubre que pasa co policía infiltrado John Tanner.

Pódese acceder dende a web https://iessanclemente.ctfd.io/.