• ?
  • Rexistro

Medidas sanitarias para o exame extraordinario da ESA (venres 5 de marzo)

Medidas sanitarias de cumprimento obrigatorio nos exames da avaliación extraordinaria do primeiro cuadrimestre da ESA, do vindeiro venres 5 de marzo:

  • Durante a realización dos exames apricarase o seguinte protocolo, que deberá ser coñecido por todo o alumnado asistente.
  • O alumnado de zonas con mobilidade restrinxida será necesario que leve consigo o certificado de mobilidade que pode descargar dende a dirección https://aulavirtual.iessanclemente.net/certificados.aspx.
  • Como medida adicional, dada a situación epidemiolóxica que estamos sufrindo nestas datas, para a asistencia ao exame será obrigatorio que o alumnado realice previamente a enquisa de autoavaliación clínica e leve consigo e entregue o mesmo día do exame a seguinte declaración responsable debidamente cumprimentada e asinada. Non se permitirá a entrada ao exame ao alumnado que non a entregue.
  • Ao tratase dun examen final, aquel alumnado que estea infectado ou illado como consecuencia da COVID-19, poderá solicitar a realización de exames por videochamada en data e hora a concretar polo profesorado responsable de cada ámbito. Esta solicitude deberá realizarse antes do venres 5 mediante correo dirixido á xefatura de estudos a través da aula virtual, e será atendido únicamente naqueles casos que foron previamente reportados ao equipo COVID do IES San Clemente (por correo electrónico ao enderezo covid@iessanclemente.net e/ou por teléfono no número 881 867 501) e acompañen algún informe que acredite a súa situación. Para poder facer estes exames, o alumno ou alumna deberá dispor dun ordenador con conexión a Internet e cámara web.

A xefatura de estudos