• ?
  • Rexistro

FH en portugués / Ciclo PluriFP SMR – Informe final 2018/2019

Informe da Secção Bilingue em Português Fundamentos de Hardware, do ciclo superior Administração de Sistemas Informáticos em Rede.

Durante o presente ano escolar, o módulo FH de 1ASIR cumpriu o cuarto ano como sección bilingüe, utilizando o portugués como lingua vehicular, empregándose nas explicacións do profesor, nas interfaces das aplicacións, nos manuais que redactaron os alumnos, etc.

Estes foron os puntos indicados na memoria desta sección bilingüe:

Aspectos positivos:

  • Fixemos exames modelo do CAPLE-FLUL. 21 aprobados de 21 candidatos: 2 B2, 16 B1 e 3 A2.
  • 10 estudantes examináronse e certificaron o B1 no CAPLE coa axuda económica do IES. No próximo ano, máis.
  • 2 mobilidades Erasmus+ para prácticas de verán en Portugal.
  • Proxecto eTwinning Um parafuso a menos coa ETAP, un centro de FP Informática de Viana do Castelo. Practicamos a oralidade gravando pequenos audios e a escrita con presentacións colaborativas. Visita á ETAP.

Propostas de mellora:

  • Permitir que a auxiliar de conversa teña acceso á formación da Consellaría de Educación e á plataforma eTwinning Live.
  • Que a Consellaría pague as taxas dos exames oficiais de LE do alumnado, tal e como anunciou que ía facer pero finalmente non fixo.

 

Balance do primeiro ano do Ciclo Bilingue em Português Sistemas Microinformáticos e Redes, cuxo módulo Aplicações Ofimáticas foi impartido en lingua estranxeira.

Ademais, estreamos con éxito o Ciclo Estrela PluriFP SMR, co módulo AO impartido integramente en portugués e traballando en asociación cun centro homólogo de Braga: AE Carlos Amarante. Neste caso, o ciclo aínda non concluíu e a formación do alumnado continuará no próximo ano.

Estes son os resultados parciais a día de hoxe: