• ?
  • Rexistro

Edulingüe en Formación Profesional – xaneiro 2019

O 14 de xaneiro de 2019 desenvolveuse a actividade «Edulingüe en Formación Profesional» dirixida ás familias do alumnado do ciclo plurilingüe SMR.

Foi presentada pola directora do IES, Carmen Viñas, e contou coa participación de Marcos Vence, Catarina Reis e sete nais e dous pais.

Falamos, entre outras cousas, do programa de plurilingüismo do centro, da participación en proxectos eTwinning co AE Carlos Amarante de Braga, dos exames de certificación do nivel de portugués e das prácticas e estudos no estranxeiro, no marco do programa Erasmus+.