• ?
  • Rexistro

Exposición MatematicARTE

No 1 de xuño de 2018 inauguramos a exposición enREDada MatematicARTE, no IES San Clemente, de Santiago de Compostela.

Esta exposición reúne obras de catorce docentes de diferentes lugares e de trece alumnos e alumnas do CEIP de Sestelo-Baión.

Trátase dunha das trinta e tres exposicións enREDadas que se realizan simultaneamente en varias cidades do mundo, con motivo da VII Semana da Educación Artística UNESCO. No noso caso, tratamos o tema da fotografía matemática e a inclusión social.

Conta co patrocinio da Comisión Nacional Española de Cooperación coa UNESCO e da International Society for Education through Art (InSEA). Pódese visitar até finais de xuño no IES San Clemente, de luns a venres, de 9:00 a 14:30 e de 16:00 a 23:00.

 Presentación
Catálogo
Galería virtual en Esibiten Google Photos
Máis información

 

Fotos da exposición no IES San Clemente

Fotos da exposición no CEIP de Sestelo-Baión