• ?
  • Rexistro

Cualificacións provisionais da proba libre de bacharelato

Na seguinte ligazón publícanse as cualificacións provisionais da Proba libre de Bacharelato celebrada no IES San Clemente o pasado 20 de abril de 2018:

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/24856

Contra estas cualificacións, poderase presentar reclamación por escrito dirixida á Presidencia do tribunal no propio IES San Clemente, así como ao correo electrónico do centro ies.sanclemente@edu.xunta.es,  dende o vindeiro luns 7 de maio ata o mércores 9 de maio ás 13:00 h segundo o seguinte modelo.

Estas reclamacións deben explicar o motivo da reclamación e estarán debidamente asinadas polo interesado ou interesada.

O luns 21 de maio publicaranse as cualificacións definitivas.