IES San Clemente
  • entrar
  • ?
  • Rexistro

actualidade

novas

Viaxe cultural do IES San Clemente: Guggenheim, expresionismo abstracto

O pasado 6 de abril realizamos unha actividade que supuxo o desprazamento á cidade de Bilbao onde o alumnado de bacharelato do departamento de Xeografía e Historia asistiu a unha visita guiada no museo Guggenheim e , en particular, á exposición Expresionismo abstracto. Pola tarde, un conxunto do alumnado e profesorado, visitaron o Museo de Belas Artes de Bilbao.