• ?
  • Rexistro

Revisións e reclamacións de bacharelato setembro 2015

Revisións de exames

As notas correspondentes aos exames de setembro de bacharelato (1º e 2º curso) publicaranse o venres 4 a partires das 15,00h na aula virtual.

As revisións serán no IES San Clemente co seguinte horario:

  • Venres 4, de 17,00h a 20,00h.
  • Luns 7, de 10,00h a 13,00h.

Os alumnos de 2º de bacharelato que, unha vez efectuada a revisión do examen, non estean conformes coa nota obtida, poderán acollerse ao procedemento recollido na circular 3/2015, tal e como se indica a continuación.

Reclamacións de 2º de bacharelato

A CIRCULAR Nº3/2015 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se desenvolve a Orde do 22 de abril de 2010, na que se establece o procedemento que compre seguir nas reclamacións das cualificacións outorgadas no segundo curso do Bacharelato establecido na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, establece para as reclamacións de 2º de bacharelato os días 4 e 7 de setembro, de acordo co seguinte procedemento:

1. As cualificacións finais de segundo de bacharelato publicaranse na web www.iessanclemente.net o día 4 de setembro ás 15.00 horas.

2. O alumnado que considere que non foi avaliado obxectivamente poderá reclamar ante o profesorado da materia correspondente de acordo co horario seguinte:

• Día 4 de setembro, venres, de 17:00 a 20:00 horas para reclamar persoal, telefónica ou telemáticamente.
• Día 7 de setembro, luns, de 10:00 a 13:00 horas por calquera das vías indicadas anteriormente (despois das 13:00 horas do día 7 non se terá en conta ningunha reclamación por rematar o prazo).

3. O alumnado que non estea conforme coas explicacións do profesorado poderá presentar instancia dirixida á dirección, solicitando que o Departamento da materia correspondente revise a súa cualificación. O prazo para a presentación da instancia remata o día 7 de setembro ás 14:00 horas. A instancia pódese descargar AQUÍ ou solicitala na oficina do centro.

4. O alumnado que solicite que o Departamento revise a súa cualificación deberá ter o seu móbil operativo de 14:00 a 15:00 horas do luns 7 de setembro para recibir a chamada da directora notificándolle a resolución do Departamento correspondente.

5. A directora, na súa chamada, informaralle ao alumnado afectado que se non está conforme coa resolución do Departamento, poderá presentar reclamación ante a Comisión de supervisión ata as 18:00 horas do día 7 de setembro. A instancia pódese descargar AQUÍ ou solicitala na oficina do centro.

Nota importante: non se terán en conta aquelas instancias que non estean baseadas nos criterios establecidos na circular arriba indicada. Como por exemplo… só me queda unha materia, por favor apróbeme…!

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2015

Reclamacións 2º Bacharelato, setembro 2015