• ?
  • Rexistro

Revisión dos exames da ESA e do Bacharelato – setembro 2019

As notas correspondentes aos exames de setembro de bacharelato (1º curso) publicaranse o xoves 5 a partir das 13,00h na aula virtual. As revisións serán no IES San Clemente co seguinte horario: Xoves 5, de 16,00h a 19,00h. Venres 6, de 11,00h a 14,00h.   As notas correspondentes aos exames de setembro...

Selos de calidade eTwinning 2019

Selos de calidade eTwinning 2019
O profesorado e alumnado participante nos proxectos Letras Galegas 2019 – Antón Fraguas Fraguas, GaliMinho – Emprendedorismo da Eurorregião e Um parafuso a menos, co seu magnífico traballo, conseguiron que os avaliadores do Servizo Nacional de Apoio (INTEF, Ministerio de Educación) nos concedesen o selo de calidade. Parabéns!! Destacamos o primeiro...

Prácticas no estranxeiro Erasmus+ Verán 2019

Prácticas no estranxeiro Erasmus+ Verán 2019
En xullo e agosto de 2019, dezaoito alumnos do IES San Clemente desfrutan dunha beca Erasmus+ para realizaren prácticas extra curriculares e de recén titulado no estranxeiro: 12 de SMR, todos en Portugal: Iván Adán e Kevin Camarena en Covilhã; Francisco Refojo e Raúl Tubío en Braga; Alex Casal,...

Horario da oficina no mes de agosto

Durante o mes de agosto o centro permanecerá pechado por obras de mantemento os días 1, 2, 12, 13 e 14 . O resto do mes a oficina abrirá en horario de 09:00 a 13:00 horas.

Difusión: Finaliza o primeiro ano de Estrela PluriFP em português

Difusión: Finaliza o primeiro ano de Estrela PluriFP em português
O Portal Galego da Língua publicou este artigo onde falan do ciclo Estrela PluriFP SMR do IES San Clemente, un dos dous únicos ciclos en portugués desta rede de centros, tanto no ano 2018/2019 como no 2019/2020. https://pgl.gal/estrela-plurifp-portugues/

Lista definitiva de admitidos na proba libre da ESA, convocatoria de setembro 2019

Hoxe publícase a listaxe definitiva de admitidos para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos, incluíndo os ámbitos validados. Listaxe definitiva PL-ESA setembro 2019 (grupo A) Listaxe definitiva PL-ESA setembro 2019 (grupo B) Listaxe exentos galego PL-ESA setembro 2019

Lista provisional de admitidos na proba libre da ESA, convocatoria de setembro 2019

Hoxe publícase a listaxe provisional de admitidos para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos, incluíndo os ámbitos validados. Contra esta listaxe poderase presentar unha reclamación ata o día 23 de xullo as 14:00 horas mediante instancia dirixida á Presidenta do tribunal.   Listaxe...

Exames ESA setembro 2019

O venres 6 de setembro terán lugar os exames extraordinarios do 2º cuadrimestre da ESA, co mesmo horario que durante o curso, no IES San Clemente de Santiago e nas sedes de Arzúa, Boiro, Santa Comba, Verín e Vigo. Venres 6 de setembro 09,30h 10,30h Ámbito Social 10,30h 11,40h Ámbito Científico-Tecnolóxico 12,00h 13,30h Ámbito de Comunicación