• ?
  • Rexistro

3º certame de cartazes do 25N

Con motivo da proximidade do 25N desde o Obradoiro da Igualdade promovemos como en anos anteriores un certame para a creación de cartazes conmemorativos desta data tan importante.

  • A tarefa que vos propoñemos consiste na creación dun cartaz coas seguintes características:
    • Tamaño: A4 vertical.
    • Resolución: 300 x 300 ppp.
    • Textoslogan referente ó día internacional contra a violencia de xénero .
  • Formato de entrega: Deberase enviar o cartaz en formato JPG ó email igualdade@iessanclemente.net xunto cos datos persoais (nome, apelidos, curso que está a realizar) indicando no asunto do email o texto “3º Certame cartazes 25N”.
  • Será condición indispensable que os traballos sexan orixinais e inéditos. En caso de empregar imaxes cuxa licenza o permita deberase indicar a fonte e a autoría.
  • O prazo de admisión dos cartaces rematará o 22 de novembro ás 23:59 horas.
  • Con todos os cartaces recibidos, faremos unha exposición no centro e darémoslle visibilidade nas pantallas o 25 de novembro.

Animádevos a participar!!