• ?
  • Rexistro

8M: Aprender xogando!

Para conmemorar o Día Internacional da Muller, o Departamento de Portugués e o Obradoiro da Igualdade retaron a toda a comunidade educativa do San Clemente a xogar e, de paso, aprender sobre mulleres na informática e nos videoxogos.

Coñeces que videoxogo protagoniza Clementine?

Sabes quen é a galega referente en ciberseguridade, CEO e cofundadora de Forensic&Security?

En que xogo destacou a videogamer Sasha Hostyn (Scarlett)?

Tratábase de responder a preguntas como estas para poder avanzar nunha versión adaptada do clásico xogo de mesa Serpentes e Escadas e, grazas a isto, soubemos do traballo sobranceiro de moitísimas mulleres universais como Pilar VilaElvira FortunatoJesskiuYolanda CorralGrace HopperLuz CastroCarol ShawCristinini… Mulleres que tamén inspiran ao noso alumnado de Ciclos de Informática.

Porque… o que non se nomea non existe!