• ?
  • Rexistro

Exames de certificación de Inglés 2024

O luns día 26 de febreiro tivo lugar no IES San Clemente o exame oficial de certificación en lingua inglesa TOEIC.

Acabamos de recibir as certificacións oficiais dos 44 alumnos e alumnas que se presentaron ao exame.

Os resultados foron os seguintes:

  • 4 certificacións en nivel C1
  • 20 certificacións en nivel B2
  • 15 certificacións en nivel B1
  • 5 certificacións en nivel A2

NORABOA!!

Esta é unha actividade que se suma a unha chea de iniciativas que están tendo lugar no noso instituto e que lle permiten ao noso alumnado medrar tanto a nivel persoal como profesional.