• ?
  • Rexistro

Exames oficiais de certificación en lingua inglesa

O luns día 26 de febreiro tivo lugar no IES San Clemente o exame oficial de certificación en lingua inglesa.

Tratábase dun exame multinivel, é dicir, tódolos candidatos obterán unha certificación oficial no nivel que corresponda.

Presentáronse 44 alumnas e alumnos. Hai que darlles a noraboa polo seu esforzo.

Esta é unha actividade que se suma a unha chea de iniciativas que están tendo lugar no noso instituto e que lle permiten ao noso alumnado medrar tanto a nivel persoal como profesional.