• ?
  • Rexistro

Premios do sorteo 11F A muller e a nena na ciencia

SORTEO RESOLTO! – Premiadas e Premiados no sorteo 11F A muller e a nena na ciencia 

Xa coñecemos as persoas premiadas no concurso convocado polo Obradoiro da Igualdade con motivo do 11F, o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia.

Resultaron agraciad@s con cadanseu vale de 25€: Fabián Fernández Fernández (1º DAW ordinario), Hugo Mosquera González (1º DAW ordinario), Rosa María Jiménez Delgado (Curso especialización IA e BD) e Diana Ramos Torrado (2ºDAM ordinario). Parabéns!

Grazas a tod@s @s participantes polas vosas achegas que nos permitiron descubrir moitas mulleres científicas galegas e lusófonas. Aquí vos van algúns deses nomes por se queredes saber un pouco máis sobre as súas interesantes traxectorias:

Tarsy Carballas Fernández (Taboada, Lugo),  doutora en Farmacia e especializada en Bioquímica e Edafoloxía.

Alicia Estévez Toranzo (Pontevedra),  microbióloga, investigadora e catedrática.

Manuela Barreiro Pico (Viveiro, Lugo), primeira muller licenciada na USC e en Farmacia no 1900.

Belita Koiller (Río de Xaneiro, Brasil), física da materia condensada.

Carmen García Mateo (Vigo, Pontevedra), enxeñeira de telecomunicacións.

Olimpia Valencia López (Baltar, Ourense), 1ª médica galega.

Mar Capeáns Garrido (Santiago de Compostela),  doutora en Física de partículas.

Marisol Soengas González (Agolada, Lugo),  microbióloga e immunóloga.

Begoña Vila Costas (Vigo), astrofísica especializada nas galaxias espirais.

Aida Fernández Ríos (Vigo), bióloga mariña e climatóloga.

Sonia Villapol Salgado (Bretoña, Lugo), bióloga molecular e neurocientífica.

María Teresa Miras Portugal (Carballiño, Ourense), bioquímica e bióloga molecular.

María de la Fuente Freire (As Pontes, A Coruña), especialista en Nanotecnoloxía.

Amparo Alonso Betanzos (Vigo), física e investigadora en Intelixencia Artificial.