• ?
  • Rexistro

Actividades formativas do alumnado de ciclos PluriFP en Portugal

Durante a semana do 26 ao 30 de Decembro, o alumnado e profesorado dos ciclos PluriFP de Administración de Sistemas Informáticos en Rede (ASIR), e Sistemas Microinformáticos e Redes (SMR) tiveron a oportunidade de desfrutar  dunha estadía formativa no idioma estranxeiro no que se desenvolven varios módulos dos ciclos en varias cidades de Portugal (Lisboa, Porto, Coimbra, Sintra). Nesa semana puideron mellorar a súa competencia lingüística en portugués, así como visitar empresas do ámbito do ciclo que estudan.

Os alumnos tiveron a oportunidade de visitar distintos lugares emblemáticos de varias cidades portuguesas (Lisboa, Porto, Coimbra, …)

Integrarse nos costumes portugueses

Visitar as empresas alí establecidas

O primeiro día de clase de 2023 compartiron a súa experiencia co resto do grupo:

 

Esta actividade, desenvolta no marco da Actuación 6 – creación de ciclos formativos de grado medio y de grado superior en oferta bilingüe do Programa de Cooperación Territorial entre o Estado e as Comunidades Autónomas, Plan de Formación Profesional para el Crecimiento Económico y Social y la Empleabilidad (PCT Extraordinario), está  cofinanciada polo Ministerio de Educación y Formación Profesional e pola Unión Europea – Next GenerationEU (Reparto 2021) no marco do Mecanismo del Plan de Recuperación, Transformación y Resilencia – Componente 20 «Plan estratégico de impulso de la Formación Profesional».

 

#FPGalicia #PluriFP #IESSanClemente