• ?
  • Rexistro

1ª Visita guiada A Muller na historia de Compostela

O pasado mércores 9 de novembro o Obradoiro da Igualdade do IES San Clemente organizou unha visita guiada sobre a muller na historia de Compostela. Da man da guía María Otero percorremos as rúas de Santiago a través das pegadas lendarias ou históricas que deixaron, por exemplo, a Raíña Lupa, as mulleres peregrinas como Exeria ou as raíñas Isabel de Portugal ou Dona Urraca.  Soubemos das dificultades das pioneiras na universidade galega, das escritoras que racharon coas barreiras impostas e de moitas outras profesionais que abriron o camiño ás mulleres de hoxe en día. Grazas a todas elas e a todas as persoas que participastes nesta enriquecedora e necesaria actividade! Porque aquilo que non se nomea non existe!