• ?
  • Rexistro

4º certame de cartazes do 25N

Con motivo da proximidade do 25N desde o Obradoiro da Igualdade promovemos como en anos anteriores un certame para a creación de cartazes conmemorativos desta data tan importante.

  • A tarefa que vos propoñemos consiste na creación dun cartaz coas seguintes características:
    • Tamaño: A3 vertical.
    • Resolución: 300 x 300 ppp.
    • Texto: Todos os traballos deberán incluír obrigatoriamente a frase “25 de novembro.
      Día Internacional contra a Violencia de Xénero”, así como un lema en galego
      relacionado coa loita contra a violencia de xénero e o seu rexeitamento.
    • Na imaxe non se incluirá ningunha referencia ao nome do autor/autora nin do centro educativo.
  • Formato de entrega: Deberase enviar o cartaz en formato JPG ao email igualdade@iessanclemente.net xunto cos datos persoais (nome, apelidos, curso que está a realizar) indicando no asunto do email o texto “4º Certame cartazes 25N”.
  • Será condición indispensable que os traballos sexan orixinais e inéditos. En caso de empregar imaxes cuxa licenza o permita deberase indicar a fonte e a autoría.
  • O prazo de admisión dos cartaces rematará o 20 de novembro ás 23:59 horas.
  • Con todos os cartaces recibidos, faremos unha exposición no centro e darémoslle visibilidade nas pantallas o 25 de novembro. Aqueles traballos recibidos antes do 23 de outubro ás 23:59 serán presentados ao concurso da Conselleria de Educación.
  • Concederanse tres premios en cheques para libros ou material informático a elixir valorados en:
    • 1º Premio: 60€
    • 2º Premio: 40€
    • 3º Premio: 30€

Animádevos a participar!!