En relación aos exames de Bacharelato de materias de 2º BAC (Final Ordinaria: 10 e 12 de maio) e de 1º BAC (3ª Avaliación / Avaliación Final Adiantada: 9 e 11 de maio):
- Terán lugar de xeito presencial no IES San Clemente e nos centros EPA de A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo e Ferrol.
 
- A publicación das cualificacións correspondentes aos exames finais será o día 18. As notas dos exames da 3ª avaliación de 1º de bacharelato publicaranse o día 19.
 
- Durante a realización dos exames recoméndase o uso da máscara.
 
- En aplicación da nova estratexia de control da SARS-COV-2, non será necesario a presentación de declaración responsable. Os casos confirmados da COVID-19 (aqueles que teñan unha proba diagnóstica realizada por un profesional sanitario) deberán seguir as indicacións do seu médico.
 
·
A xefatura de estudos
							
					
							
		
		
		
		
		
		
		
		



