• ?
  • Rexistro

Obradoiro de Igualdade – Informe final 2020-2021

Ao longo do curso realizáronse distintas actividades de sensibilización sobre a situación da muller na actualidade, enmarcadas dentro do contexto do Plan Proxecta “Donas de si”. Entre estas actividades destacan as seguintes:

  • 1º Concurso Logotipo do Obradoiro da Igualdade
  • 1º Concurso de Proxectos Innovadores sobre a Igualdade
  • 2º certame de cartazes do 25N
  • Difusión Marie Curie no cine!!
  • 1º Concurso Logotipo do Obradoiro da Igualdade
  • Difusión #NoMoreMatildas
  • 1º Concurso “Experiencia lectora: Igualdade”
  • Difusión do podcast ”Una sociedad científica será una sociedad más libre”
  • Exposición 11F Día internacional da Muller e da nena na ciencia
  • Ampliación da sección “Igualdade de xénero e diversidade” da Biblioteca do centro.
  • Exposición 8M día Internacional da muller: Pioneiras da tecnoloxía
  • 2º Certame de fotografía “Mulleres na sombra”
  • 1º Certame radiofónico – Mulleres na sombra (en colaboración con Radio Maré, da EOI de Vilagarcía de Arousa).
  • Webinar da USC: Análise da situación das mulleres maiores de 65 anos que sofren violencia de xénero

 

Balance das actividades:

Todas as actividades programadas foron desenvolvidas, e ademáis tendo en conta que o alumnado de 2º curso presencial ordinario, cando remata a 2ª avaliación, comezan o período de prácticas fora do centro.

Consideramos que na meirande parte das actividades o alumnado implicouse moi activamente, superando enormemente as espectativas que tiñamos inicialmente. Entendemos que este traballo deixa unha forte pegada a nivel individual e axuda a espertar actitudes de respecto e igualdade, así coma unha maior conciencia da situación actual das mulleres.

 

Propostas de mellora para o vindeiro curso:

1. Continuar coa promoción do uso da sección de “Igualdade de xénero e diversidade” da biblioteca, a través da publicación de pequenos artigos sobre os distintos libros, en forma de recomendacións persoais por parte do alumnado, profesorado e PAS.

2. Achegarnos máis ao alumnado, a través da publicación de maior cantidade de novas, contidos audiovisuais e artigos máis encamiñados á sensibilización e concienciación sobre a igualdade de xénero, facendo reflexionar sobre pequenos aspectos do día a día.

3. Estreitar os lazos coas mestras e mestres de diferentes centros e ensinanzas, para a promoción das distintas actividades entre o alumnado.

4. Avaliar a opción de facer extensivo o proxecto a través da plataforma eTwinning.