• ?
  • Rexistro

24F día de Rosalía de Castro

Hoxe 24 de febreiro celébrase o día de Rosalía de Castro.

Deixamosvos un video que nos fixo chegar o Equipo de Dinamización Lingüística do Colexio San Pío X (Ourense) elaborado para aproximarnos á vida da escritora.

Trátase dun Draw My Life narrado en galego por Uxía Salgado da Silva, alumna de 6º de primaria do centro. As ilustracións foron obtidas do vídeo orixinal en castelán publicado en maio de 2019 polo equipo “TikTak Draw” de YouTube, e que lles concedeu a súa autorización. Tamén contan coa axuda da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Fundación Rosalía de Castro, que participou na revisión dos datos biográficos.

Ligazón do vídeo: https://www.youtube.com/watch?v=5sLT5qSVuWg