• ?
  • Rexistro

O meu ano no IES San Clemente

Levo traballando como Auxiliar de Conversa durante varios anos; pero teño que dicir que o meu primeiro ano no IES San Clemente está a ser unha das miñas mellores experiencias ata o de agora. Foi o meu primeiro ano traballando nunha escola de FP, o que trouxo numerosos cambios e retos.

Un dos desafíos foi o feito de que eu non sei moito sobre tecnoloxía. Isto deu aos estudantes e outros profesores a oportunidade de ensinarme sobre tecnoloxía mentres eu lles ensinaba inglés.

Outro desafío ao que me enfrontei este ano foi que antes pasara os últimos anos dando clases nas escolas primarias. O ensino nunha escola primaria é moi diferente do ensino nunha FP. En definitiva, teño que dicir que prefiro a docencia nunha FP. A maioría dos estudantes xa tiveron clases de Inglés na escola primaria e secundaria, polo que aprendín axiña que facer clases de gramática baseadas só en conceptos gramaticais ou en vocabulario era un bo xeito de aburrir aos estudantes e a min mesmo. A experiencia na aula resulta moito máis gratificante cando temos discusións abertas como clase ou xogamos a xogos relacionados coa gramática, vocabulario, cultura americana ou informática.

Unha das mellores partes sobre o traballo en San Clemente son os estudantes. Todos teñen unha actitude moi positiva e sempre esperan ansiosos as clases de Inglés. Tamén amosan moitas ganas de aprenderme sobre a cultura e historia galegas, a lingua galega e a comida galega.

Outro dos momentos destacados é o traballo co persoal de San Clemente. Foi un pracer traballar xunto a Rachel e Kellly nas nosas clases de inglés. Definitivamente convertinme nun mellor profesor de Inglés que traballa xunto as dúas e aprendín moito con elas. Tamén foi moi bo traballar nas clases bilingües con Eva, Rafa, Bruno e Carrión. Eva foi especialmente útil axudándome a realizar actividades para a aula e animou aos alumnos a falar sobre temas difíciles relacionados co seu campo.

Tamén foi xenial coñecer o resto do persoal de San Clemente. Tanto falando co eles nos corredores, na oficina de idiomas, na cafetería, ou nun delicioso cocido nun restaurante local, gustoume coñecer aos profesores e persoal de San Clemente. A directora Carmen foi especialmente útil e sempre me avisou de que se necesitase algo na escola, podería contar coa súa axuda. Os traballadores da conserxería tamén foron especialmente útiles se precisaba algo tamén.

O ano que vén, estou feliz de dicir que, volvín solicitar traballar no IES San Clemente. Aínda que polo momento non recibín unha carta de aceptación oficial, teño gran confianza en que acepten a miña petición de renovar no San Clemente. O curso escolar transcorreu demasiado rápido e as clases presenciais remataron demasiado pronto e gustaríame ter a oportunidade de experimentalo de novo se fose posible.

Grazas San Clemente! Espero verte de novo o ano que vén!

 

 

Jason Schaefer

AdC IES San Clemente