• ?
  • Rexistro

1º Certame de Fotografía «Mulleres na sombra»

B A S E S

1.- O obradoiro de igualdade do IES San Clemente convoca o 1º Certame Fotografía “MULLERES NA SOMBRA”.

2.- Poderán participartodos os membros da comunidade educativa(alumnado, profesorado e PAS).

3.- As fotografías deberán ser orixinais, inéditas e deberán difundir e transmitir unha imaxe positiva sobre a participación activa das mulleres na sociedade, recollendo escenas na vida cotiá, familiar, profesional ou persoal.

4.- Os traballos deben ser dixitalizados e presentados en formato PNG, con resolución 300dpi e tamaño A5 (1754x2480px) e deberá incluír obrigatoriamente algún lema en galego que reflicta o que se quere transmitir coa fotografía, e que deberá estar relacionado co fomento da igualdade de xénero. Non se poderán empregar imaxes ou nomes que identifiquen marcas comerciais nin persoas das que non se dispoña de autorización para a difusión da súa imaxe.

5.- As fotografías deberán enviarse por correo electrónico a igualdade@iessanclemente.net indicando o título e datos persoais dos/das participantes.

6.- O prazo máximo de entrega dos traballos é o 30 de marzo de 2020 ás 23:59 horas. Non se admitirán fotografías recibidas con posterioridade a esa data.

7.- As fotografías que non cumpran os criterios determinados nestas bases non serán consideradas, e tampouco aquelas cuxo tema non sexa o sinalado nestas bases ou que podan resultar ofensivas.

8.- Concederanse tres premios en cheques para libros ou material informático a elexir valorados en:

1º Premio: 60€

2º Premio: 40€

3º Premio: 30€

Os traballos premiados publicaranse na web do instituto, e desde o Obradoiro de Igualdade nos poñeremos en contacto coas persoas gañadoras para establecer a forma de entrega dos premios no acto de fin de curso.

9.- O xurado estará composto polos/as integrantes do Obradoiro de Igualdade do IES San Clemente, podendo contar coa colaboración de outro persoal docente externo ó centro.

10.- O veredicto do xurado, que será inapelable, darase a coñecer antes da Pascua.

11.- A participación no certame supón a aceptación destas bases.