• ?
  • Rexistro

Charla sobre trata de seres humanos con fins de explotación sexual

O venres 21 de febreiro, Belén López e Tatiana Conde, educadoras do programa Vagalume, impartiron no noso centro unha charla titulada “A nova escravitude do século XXI: Trata de seres humanos con fins de explotación sexual, outra forma de violencia de xénero”.

A súa intervención tivo lugar no marco do Plan Proxecta 2019-2020, dentro do Programa da Secretaría Xeral de Igualdade “Por 365 días de respecto e igualdade”, e estivo dirixida ao alumnado de 2º de Ciclos Formativos DAW e ASIR. Agradecemos dende aquí ás poñentes pola súa colaboración e ao alumnado asistente, o cal mostrouse moi interesado e participou activamente durante toda a conferencia.