• ?
  • Rexistro

A pulga máis vella do mundo

As pulgas só viven 160 días, co cal es a pulga máis vella do mundo, feliz 10º aniversario!!!

 

Continuando coa celebración do 10º aniversario de Pek, tivemos a grande sorte de recibir esta felicitación do polifacético artista Kiko da Silva, que está a impulsar a banda deseñada galega coa súa obra, coa formación impartida n’O Garaxe Hermético e co labor editorial.

O EDLG do IES San Clemente aporta o seu gran de area coa subscrición á revista A Viñeta de Schrödinger, e desde aquí animamos a todos os centros educativos galegos (EDLG, biblioteca, departamento de Galego, de Educación Artística, etc) para que colaboren coa súa difusión entre o alumnado.

Moitísimas grazas, Kiko!
É unha honra contar cunha ilustración de Fiz e Pek xuntos, creada por ti!