• ?
  • Rexistro

Casi final de curso

Ola a todxs axs que leades , algunha vez este obradoiro….a verdade é que cando o fago teño a ilusión, só iso, unha ilusión, de que alguén se interese e lle produza algunha sensación, reflexión, bo pensamento….pero , logo, doume de conta de que por moito que o intente, queda só nunha cor violeta colgada na entrada da web que, qizás, moitxs de vos …nin percibichedes….Unha mágoa  bastante desilusionante, pero , aínda así, eu sigo a intentalo porque creo no que fago e coido que máis vale un grao de areia nun deserto…que ningún….todo o que poida aportar a alguén para axudarnos mutuamente a ser mellores persoas, máis equitativas, máis xustas, máis colaborativas e sorores….paréceme importante…aínda que só mo pareza a min….

Sei que estamos a piques de rematar outro curso, para algunxs o final dun período, para outrxs a continuidade dun camiño que como dicía Machado, faise ao andar….e niso seguiredes e seguiremos….facendo camiño para non parar, para conseguir un mundo mellor, porque os DEREITOS, os que se conquistan….non son eternos, hai que mimalos, coidalos para non perdelos….tócanos vivir un momento da Historia en xeral e da das mulleres en particular….coido que moi ilusionante porque tendes que aprender a retomar dereitos que xa estaban conquistados e que están a piques de perderse….eses que nas clases de historia de principios de curso vos explico para que vexades que a Historia, a vida, non é lineal….a miña aboa tivo dereitos que a súa filla, miña nai, perdeu, que as súas netas , eu e as irmás, tivemos que pelexar e que as miñas fillas teñen e, coma vos, están a piques de perder….Non o permitades, por vos e polas persoas que loitaron e loitamos tanto para que a vosa vida fora mellor….nin polxs que virán….

Foi un pracer poder dirixirme a quen lea, a quen queira re-pensar, a quen queira reflexionar, grazas polxs que o facedes e ánimo a que sigades a facelo, entre todxs poderemos……

Grazas polo curso 18-19

Guillermina dominguez Touriño